Medio Rural
Nun concello eminentemente rural a atención ás necesidades dos veciños/as que viven nos pobos e aldeas é unha prioridade. Ademais atopámonos nun concello cunha gran riqueza paisaxística co río Sil como protagonista atravesando as nosas terras e varias montañas rodeando o val que conforma. Pobos como Arnado, Valencia do Sil, Penouta, Córgomo, San Miguel de Outeiro son o foco de atención das nosas brigadas de limpeza de camiños e doutras xestións variadas.
Dentro das nosas funcións están o control e xestión para que se cumpran as normativas que afectan ao medio rural tales como a Ordenanza reguladora de limpeza de terreos e solares e protección contra incendios. Dentro desta función visitamos os pobos e comunicamos aos veciños/as a necesidade de ter as súas fincas limpas para evitar incendios e sancións. Tamén axudamos aos habitantes nos temas relacionados coas casas en ruínas e a rehabilitación das mesmas.
© Toda as fotos deste apartado foron cedidas por Ana Macía Pérez